"Proxecto Tiburóns" é un REA que pretende desglosar os pasos, para o alumnado e profesorado, cando nos enfrentamos á difícil tarefa de ensinar a buscar información e organizala para escribir un texto expositivo.

O tiburón é un animal fascinante que provoca grande curiosidade no alumnado. Despois de ter realizado, en cursos anteriores, un primeiro achegamento á metodoloxía ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) imos consolidando procesos referidos á busca e procesamento da información.

Esta proposta desenvolveuse no CEIP Pío XII (Santiago de Compostela) en tres grupos que escolarizaban 25 nenas e nenos de 5 anos. Igualar as fontes de información permite abordar un mesmo tema en tres aulas distintas respectando a premisa de que en cada grupo os intereses do alumnado sexan diferentes.

Etiquetas (palabras clave):