"Proxecto Lobos" é un REA que pretende desglosar os pasos, para o alumnado e profesorado, cando nos enfrentamos á difícil tarefa de ensinar a aprender a escribir un texto expositivo.

Despois de ter realizado unha secuencia didáctica sobre texto literario narrativo acerca de “Contos de lobos” formulouse a  necesidade de contrarrestar as ideas erróneas do alumnado acerca deste animal. A pesar de que moi poucos autores recomendan realizar proxectos co alumnado de 3 anos consideramos que a evolución dos grupos permitía un primeiro achegamento á metodoloxía da aprendizaxe por proxectos.

Esta proposta desenvolveuse no CEIP Pío XII (Santiago de Compostela) en tres grupos que escolarizaban 25 nenas e nenos de 3 anos. Igualar as fontes de información permite abordar un mesmo tema en tres aulas distintas respectando a premisa de que en cada grupo os intereses do alumnado sexan diferentes.

 

Etiquetas (palabras clave):