Somos escritores...Por primeira vez! é un REA que pretende desglosar os pasos, para o alumnado e o profesorado, cando nos enfrentamos á difícil tarefa de ensinar e aprender a escribir un texto literario.

A presente secuencia didáctica está organizada en dous bloques: a descrición de actividades para realizar co alumnado e a guía didáctica coa correspondente xustificación curricular.

Este traballo está deseñado para 2º de Educación Primaria, pero todas as tarefas son abertas polo que pode ser facilmente adaptada e utilizada noutros niveis educativos.

O seu obxectivo fundamental é contribuír ao coñecemento e utilización da lingua para desenvolver hábitos de lectura e escritura no alumnado, así como axudar a comprender a literatura como un xeito de expresión artística a través da cal transmitir valores, emocións e sentimentos.

A boa literatura é a culminación da linguaxe escrita e constitúe unha parte fundamental da cultura que a escola debe poñer ao alcance das nenas e nenos.

"Somos escritores...Por primeira vez!" de Mª Teresa Neira González e Pablo Nimo Liboreiro para a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Xunta de Galicia) foi elaborado no marco dunha Licenza de Formación no curso 2016/2017.

 

 

Etiquetas (palabras clave):